JESÚS MANUEL GARCÍA. Galicia é unha terra rica en patrimonio cultural. En cada provincia, en cada comarca, en cada recuncho amósanse elementos patrimoniais sobrancerios que merecen formar parte do catálogo de Bens de Interese Cultural (BIC). A listaxe vai sendo ampla, por fortuna, o que demostra a variedade e riqueza da herdanza dos séculos neste Noroeste hispano.
No artigo 8 da Lei do Patrimono Cultural de Galicia dise que son BIC os bens mobles, inmobles e inmateriais máis destacados do patrimonio cultural galego. Para seren declarados ten que facerse a proposta da Consellería de Cultura e inscribirse no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.
Os BIC poden ter estas categorías:
Monumento
Conxunto histórico
Xardín histórico
Sitio ou territorio histórico
Zona arqueolóxica
Lugar de interese etnográfico
Zona paleontolóxica
Para quen queira coñecer que bens BIC se atopan rexistrados a día de hoxe, velaí o enlace:
Sé el primero en comentar