Saltar al contenido

Un mandala para cada poema

Asun Arias e Modesta González presentan o libro «Mandalas de cristales & poemas»

   JESÚS MANUEL GARCÍA

Modesta González leva anos traballando cos mandalas e cos cristais, tamén coa numeroloxía. No ano 2011 contactou con diferentes artistas para traballar con esas enerxías a traverso dos mandalas. Emprega Modesta os cristais, as cores para sacarlles ou aproveitar a información que teñen. Se se relacionaba cos artistas, atopou a Asun Arias, mergullada noutra faceta artística: a poesía. Pois ben, mediante a data de nacemento desta última e empregando a numeroloxía atopou una frase no mandala. Como Asun escribía en galego, non saíu o mandala, tendo que refacer o texto en castelán. A boa comunicación era, é, fundamental. Sen ter Asun control do mandala, o seu poema trataba do mesmo que dicía a frase deste. Foron dous anos de experimento ata que Asun decidiu publicalo nun libro conxunto con Modesta, que aporta os mandalas.

Un dos mandalas montados pior Modesta González no acto de presentación do libro ha librería Couceiro de Santiago. FOTOS: J.M.G.

Cada un de nós temos un mandala como se fose o ADN, distinto en cada ser. Dependendo do lugar onde Asun e Modesta presentan o libro, tamén ese lugar ten un mandala de seu. Son enerxías, campos luminosos que se perciben e que, segundo Asun, sacan un aspecto dela mesma como é o espiritual, máis aló da poesía, e que a leva a rozar o terreo da mística. É máis, confesa a poetisa que lle ocorreron situacións máis propias da mística. Así, pasoulle que un bo día, accedendo á cociña, viu na porta de doble cristal, dous chamativos círculos concéntricos arredor dun punto central visible, que non desapareceron durante unas horas. Asun dirixiuse de súpeto ao seu despacho e nese momento di que lle caeu ao chan un poemario de Santa Teresa de Ávila, e ao caer abriuse o libro xusto onde se contén o famoso “Nada te turbe, nada te espante; todo se pasa, Dios no se muda, la paciencia todo lo alcanza”. Leuno rápido e de súpeto sentiu necesidade de escribir, de fluir texto sobre o papel, quedando gratamente sorprendida. Estaba escribindo o corazón máis que a cabeza. Asun sinala que todo fluía con liberdade.

Ten o lector nas súas mans un libro especial. Nada menos que “Mandalas de cristales y poemas” que foi creado desde a canalización da divinidade celestial para ser compartida en amor e desde este. Case nada. Unha obra que nos convida por momentos ao silencio, á calma. Ese silenzo para apartarse do ruido, silencio que forma parte da arte da conversación, que non só consiste en saber falar senón igualmente en saber calar no seu momento, como nos di David Le Bretón. O silencio é a lingua, o idioma de Deus. Foi Apolodoro de Atenas quen dixo que o silencio místico honra aos deuses imitando a súa natureza. Jacobo Boheme afirma que cando nos mantemos en silencio somos o que era Deus antes da natureza e a creación, e aí está a materia que empregou para darlles forma.

Este libro de Modesta e de Asun propón un iter, o da vida propia, camiño  ou sendeiro do corazón. Para que cada quen se sinta un en todo e todos nun, segundo o Tao te Ching ou, como refire Willigis Jäger: a onda é o mar. Itinerario a un país novo de quen coñece a fonte, e por elo non bebe do xarro. Outro pensador, Anselm Grün, di que a quen presta atención á beleza da natureza, da creación, ofrécenselle a diario milleiros de ocasións para a ledicia.

Ese iter ten forma de camiño a Santiago, Camiño de inverno, vieiro de volvoretas para apreciar a beleza do Bierzo, de Valdeorras, das terras de Lugo… cual símbolo que escenifica a beleza do invisible.

As cores dos cristais manifestan os raios do Arco da Vella que transmiten linguaxes de luz e unen dimensións aportando una cualidade concreta a cada cristal polas formas do mandala. Así o amarelo reflicte sabiduría emocional, coñecemento, ledicia; o verde, sanación, abundancia, forza da vida; o dourado, equilibrio, enerxía masculina.

En canto aos cristais, a malaquita transmite armonía e absorbe a negatividade; o cuarzo aporta claridade, e recibe e transmite enerxía; a fluorita axuda a desenvolvemento do intelecto, á serenidade.
Sabiduría de oriente e de occidente podemos decir que se agocha nestas páxinas. É un libro aparentemente sinxelo, pero de moita fondura. Xa o citamos liñas arriba: hai misticismo para que cada lector se atope a si mesmo, para que mire no máis íntimo de seu, onde se ubica, en palabras Jager, o non-nacido e indestructible. E so nese fondo atemporal atopamos sentido e interpretación para a nosa vida. É entón cando, prosigue, caemos na conta de que o noso centro verdadeiro, o noso eixo non pertenece ao noso eu, senón a algo que nos sobrepasa. É a lembranza da unidade da que vimos.

 

Publicado enPublicacionesSantiago de Compostela

Sé el primero en comentar

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *