Saltar al contenido

Relación de todos os BIC de Galicia

O castelo de Castro Caldelas é un dos BIC de Galicia. FOTO: J.M.G.
O castelo de Castro Caldelas é un dos BIC de Galicia. FOTO: J.M.G.

JESÚS MANUEL GARCÍA. Galicia é unha terra rica en patrimonio cultural. En cada provincia, en cada comarca, en cada recuncho amósanse elementos patrimoniais sobrancerios que merecen formar parte do catálogo de Bens de Interese Cultural (BIC). A listaxe vai sendo ampla, por fortuna, o que demostra a variedade e riqueza da herdanza dos séculos neste Noroeste hispano.

No artigo 8 da Lei do Patrimono Cultural de Galicia  dise que son BIC os bens mobles, inmobles e inmateriais máis destacados do patrimonio cultural galego. Para seren declarados ten que facerse a proposta da Consellería de Cultura e inscribirse no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.

Os BIC poden ter estas categorías:

Monumento

Conxunto histórico

Xardín histórico

Sitio ou territorio histórico

Zona arqueolóxica

Lugar de interese etnográfico

Zona paleontolóxica

Para quen queira coñecer que bens BIC se atopan rexistrados a día de hoxe, velaí o enlace:

Relación de Bens de Interese Cultural de Galicia

Publicado enPatrimonio

Sé el primero en comentar

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *