Ir al contenido

Y Vigo salió de nuevo a la calle

Miles de ciudadanos exigieron una mejor sanidad pública

IMG_9204
Llegada de los manifestantes a la Porta do Sol. FOTO: Cedida.

JESÚS MANUEL GARCÍA. Durante una hora y media decenas de miles de personas se manifestaron por el centro de la ciudad de Vigo en defensa de una sanidad pública. A la llamada de los convocantes, la Xunta de Persoal y SOS Sanidade Pública respondieron los vigueses y ciudadanos del área sanitaria, quienes minutos antes de las ocho de la tarde comenzaron a llegar a la Praza de España y alrededores, según los grupos.

La comitiva se puso en marcha ocupando los carriles de bajada del tramo de Gran Vía hacia su entronque con Urzáiz. Siguió por esta vía para alcanzar más tarde la Porta do Sol, en Policarpo Sanz. Hubo consignas contra la Xunta y sus responsables sanitarios así como contra los responsables de la EOXI de Vigo, encabezados por el gerente. Entre esos mensajes estaba el de “Vigo é a tumba do PP”. La respuesta ciudadana, no siendo tan numerosa como la de septiembre del 2015 no dejó de ser importante.

IMG_9201
La cabecera, en la curva del entronque de Urzáiz con Colón. La cola aún bajaba Gran Vía. FOTO: Cedida.

En la manifestación iba el autobús británico de dos pisos alquilado por los convocantes, que estuvo recorriendo Vigo días antes. A la cita acudieron el alcalde vigués, Abel Caballero; la presidenta de la Diputación, Carmela Silva; Xosé Manuel Beiras y no faltaron los regidores municipales de Cangas, Moaña y As Neves; la diputada de AGE, Eva Solla y  Carolina Bescansa, de Podemos. Había varias pancartas sindicales y de otros colectivos  y al final se leyó un manifiesto al que puso voz el periodista Eduardo Rolland. Transcribimos íntegro dicho mensaje:

 MANIFESTO

– 12 DE MAIO DE 2016 Boas noites a todas e a todos. A Xunta de Persoal do SERGAS da Área Sanitaria de Vigo e a Plataforma SOS Sanidade Pública agradecen a vosa presenza aquí para poñer de manifesto que é posible rescatar a nosa Sanidade Pública. Como sabedes, os recortes no proxecto inicial do Novo Hospital de Vigo acentuaron os déficit sanitarios que levamos padecendo desde hai xa demasiados anos. Estes recortes se poderían resumir en:

– A renuncia a un Complexo Hospitalario de referencia estratéxica para o Sur de Galicia, que equilibrase a oferta sanitaria na Comunidade Autónoma. Suprimíronse do proxecto do Novo Hospital os edificios de Docencia e Investigación (imprescindibles nun Hospital con docencia universitaria); o Servizo de Rehabilitación; as camas de Coidados Mínimos e Intermedios para enfermos con patoloxías crónicas que non precisan de recursos avanzados; e o chamado Hotel de Pacientes para enfermos que viven lonxe, illados ou que teñen problemática social.

IMG_9206
Bajada por la Gran Vía. FOTO: Cortesía de Vigoalminuto.com

– A redución de camas agravará aínda máis a situación asistencial e unhas listas de espera inaceptables: As camas de hospitalización do Novo hospital pasaron de 1.450 a 845, pérdense camas no Nicolás Peña, 15 de paliativos, 30 de psiquiatría…das máis de 2.000 camas prometidas para o CHUVI, so teremos 1.260. Esta redución de recursos, xunto coa que están a sufrir o resto de Hospitais do CHUVI, é incomprensible que se aplique nun área cun índice de camas por habitante das máis baixas e unha lista de espera cirúrxica das máis alta de Galicia (99,2 fronte a unha media de 79,8 en decembro do 2015) só superada polos 139,2 do hospital privado POVISA tamén en Vigo.

– Os recortes converteron este centro nunha gran superficie comercial incapaz de satisfacer as necesidades de atención especializada da cidadanía: A redución das dimensións do edificio e a dispersión de servizos asistenciais, os problemas de xestión pola existencia dunha dobre xerencia público e privada; os recortes de recursos diagnósticos, servizo de urxencias, camas, equipamento de quirófanos; as deficiencias funcionais asociadas á falta esterilización e a situación do laboratorio central no Meixoeiro, nun espazo fragmentado e en diferentes plantas que dificultará e realización de determinadas técnicas e retrasará o resultado. Facemos nosas as preocupacións do persoal do laboratorio, desprazados do Novo hospital e e dispersos en distintas plantas do Meixoeiro. 

– Creáronse barreiras de acceso para os colectivos sociais máis afastados, con diversidade funcional e con menor poder económico (cada vez máis numerosos): O afastamento do hospital da cidade de Vigo e da súa área metropolitana sen unha alternativa integral para o transporte colectivo, a privatización do parking (de elevado custo para os usuarios), unidas ás disfuncionalidades estruturais e organizativas que supoñen verdadeiras barreiras de acceso, limitan de xeito evidente a equidade no acceso á sanidade pública. A estes problemas relacionados coa Atención Hospitalaria habería que engadir outras deficiencias de recursos asistenciais na área:

– O deterioro da Atención Primaria pola mala planificación na asignación territorial dos Centros de Saúde situados nalgúns casos en locais inadecuados como edificios de vivendas e pola paralización o Plan de Mellora de Atención Primaria. Esta situación xera unha importante saturación asistencial dado que máis do 50% dos centros de saúde teñen máis de 35.000 tarxetas sanitarias individuais, mentres que a escaseza no equipamento de recursos diagnósticos e terapéuticos reduce a súa capacidade resolutiva.

– A limitada capacidade resolutiva dos Servizos de Urxencias Extrahospitalarios (PACs) mal equipados e con recursos humanos e materiais insuficientes, o que fai que moitos pacientes acudan directamente ás urxencias do Novo Hospital.

– Non se garante o dereito á saúde sexual e reprodutiva das mulleres da área: O Centro de Orientación Familiar de Vigo oferta unha atención insuficiente e de baixa calidade como consecuencia dos recortes de persoal e equipamento.

– O colapso do servizo de Rehabilitación que está fraccionado diversos centros. É necesario de ampliar e mellorar a dotación de recursos humanos e materiais deste servizo (entre 15 e 20 novas prazas) incapaz de afrontar a gran demanda de atención (máis de 35.000 pacientes ao ano) o que xera unha lista de espera un 20 % superior á media, sendo a segunda máis elevada da Comunidade. A reordenación da área sanitaria debería basearse na integración de todos os recursos asistenciais para evitar a fragmentación e descoordinación entre centros, servizos e niveis asistenciais e na creación de novos recursos para completar unha oferta asistencial racional e axustada ás necesidades e ao volume de poboación. O peche de centros, as limitacións do novo Hospital e a necesidade de completar a oferta asistencial precisan de novos espazos sanitarios na área, polo que deberíanse utilizar os espazos que quedaron baleiros no antigo Hospital Xeral tralo traslado de recursos ao Novo Hospital Álvaro Cunqueiro. Os denominados Anexos I e II están en bo estado de conservación e foron obxecto de reforma e ampliación hai pouco tempo, polo que non se precisaría un gran investimento para a súa posta en marcha. Tamén os Centros de Especialidades ou o Cíes. A boa noticia, diante desta desfeita, é que é posible rescatar a nosa sanidade pública se todas e todos decidimos facelo posible.

Igual que se tomou a decisión de privatizar e recortar, temos que esixir que se tome a decisión contraria, a de rescatar para a cidadanía a nosa sanidade pública. É posible reintegrar o Hospital Álvaro Cunqueiro ao Sistema Sanitario Público en base ás irregularidades da Lei de Contratos do Estado e da lexislación europea cobre Colaboración Público Privada. É posible recuperar o proxecto de Hospital de Estratéxico para a área Sur de Galicia, que devolva ao CHUVI os Servizos de Referencia trasladadas ao Complexo Hospitalario de Santiago e as especialidades que se manteñen no hospital privado POVISA como son cirurxía maxilofacial, neurocirurxía, cirurxía da man e unidade de queimados. E para facelo posible esiximos a creación dunha Comisión integrada por todos os sectores implicados (Xunta de Persoal, responsables dos servizos asistenciais, persoal sanitario, técnicos da Consellería de Sanidade, Comisión de Participación da Área e Concello de Vigo) para avaliar os problemas e deficiencias do edificio, accesos e servizos asistenciais e de apoio e elaborar un Plan de Recuperación do Centro a curto e medio prazo (laboratorio, camas, quirófanos, equipamento tecnolóxico, edificios e servizos) segundo os previsto no Plan Funcional. É posible Manter o funcionamento do Hospital Meixoeiro como hospital xeral programado, aínda que sen porta de urxencias, recuperando as camas e recursos recortados. E concentrar a actividade oncolóxica neste hospital aproveitando e axustando a dotación tecnolóxica específica xa dispoñible neste centro para atender estas patoloxías, convertendo ao CHUVI en referencia Oncolóxica para o sur de Galicia.

Tamén é posible situar neste centro todos os recursos de Cirurxía Programada (Maior Ambulatoria e con Ingreso) da área, aproveitado os seus quirófanos e as camas cirúrxicas (axustándoas segundo necesidades) para o que será preciso dotalo de unha unidade de atención a pacientes críticos e manter unidades de diagnóstico por imaxe e laboratorio.  É posible destinar a uso sanitario o Anexo I do antigo Hospital Xeral para situar nel o Centro de Alta Resolución de Vigo, A Alta Resolución baséase en consultas de acto único que pechan o proceso diagnóstico e o tratamento grazas á coordinación de consultas con especialista, realización de probas diagnósticas e intervencións cirúrxicas, si son precisas. Estes centros necesitan espazos para consultas, laboratorio e recursos de diagnóstico por imaxe (Radioloxía, Ecografía, TAC,..), e quirófanos para cirurxía ambulatoria. Tamén é posible que o Servizo de Urxencias Extrahospitalario de Vigo funcione cun horario de 24 horas no que se atenderían a maioría de urxencias de Vigo e con acceso aos recursos de diagnóstico por imaxe (Radioloxía, Ecografía, TAC,..) e laboratorio do Centro de Alta resolución. E crear un Centro de Atención Primaria no anexo 2 do H. Xeral que vaia máis alá de trasladar o da rúa Bolivia, e permita redistribuír tarxetas sanitarias dos Servizos de Atención Primaria da Dobrada e rúa Cuba e adscribir as do barrio de San Roque na contorna do Hospital Xeral. É posible dedicar a Atención Primaria os Centros de Especialidades de Dobrada e Coia, para mellorar o espazo dispoñible na Dobrada actual e para desconxestionar López Mora (que está en malas condicións) e Coia.

Tamén é posible crear un Centro de Alta Resolución do Morrazo nos terreos cedidos polo Concello de Cangas.  E como non! Temos que denunciar o Concerto Singular de POVISA en base ás irregularidades no contrato, denunciadas xa no seu momento polo Consello de Contas de Galicia e o Valedor do Pobo. Para facer todo isto posible contamos coa vosa forza, e non calaremos! E con esa forza, instamos á Xunta de Galicia e á Consellería de Sanidade a iniciar un proceso de diálogo coa Xunta de Persoal do SERGAS e coa Plataforma SOS Sanidade Pública, para poñer en marcha o rescate para a cidadanía da nosa sanidade pública. E como primeiro paso esiximos a dimisión ou o cese do Xerente da EOXI de Vigo pola súa responsabilidade na situación actual. Se non nos fan caso continuaremos a reclamalo, Teremos proximamente a oportunidade de avaliar o seu traballo, e dependerá de nos que podan seguir facéndoo ou non. Pero aos que veñan, sexan quen sexan, seguiremos a esixir o mesmo. PORQUE GOBERNE QUÉN GOBERNE, A SANIDADE NON SE VENDE. RESCATEMOS A SANIDADE PÚBLICA DA ÁREA DE VIGO Vigo, 12 de maio de 2016 XUNTA DE PERSOAL-SOS SANIDADE PÚBLICA VIGO, 12 DE MAIO DE 2016 “.

Publicado elSanidadVigo

Se el primero en comentar

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

error: Content is protected !!